|
A Fundación para o Fomento do Coñecemento da Construción Naval e das Actividades Marítimas (EXPONAV) foi constituída en xuño de 2004 como froito do convenio que subscribiron en 1995 a Armada Española e a Asociación de Enxeñeiros Navais de España (AINE), co fin de organizar unha exposición pública sobre construción naval que, de xeito histórico, presentase a evolución da arquitectura, a construción e a explotación de buques ao longo dos últimos séculos.
EXPONAV está constituída actualmente, ademais de por a Armada e a AINE, pola Xunta de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña; o Excmo. Concello de Ferrol; o Museo Naval, a Universidade da Coruña, a Unión Profesional, Innovamar, Navantia e a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.
Os históricos vínculos de Ferrol coa Armada, xunto ao feito de que fose aquí onde se estableceu a primeira Escola de Enxeñeiros Navais, levaron á elección desta cidade como sede da exposición.
A EXPONAV foi inaugurada en Ferrol o día 10 de marzo de 2008 no transcurso dun solemne acto presidido por SS.MM. os Reyes de España e SS.AA.RR. os Príncipes de Asturias.
Actualmente pódese contemplar da Exposición a parte baixa ou piso inferior do edificio de Herrerías, que a alberga, estando pendente de apertura a parte superior do inmoble, que en conxunto foi obxecto de importantes obras de restauración e rehabilitación durante os últimos anos.
|