|
Expúxose un discurso, compatible cunha mostra atractiva e respectando a historia e a tecnoloxía, que nos leva a un percorrido da Construción Naval desde o século XVIII, no que aparecen as regras e normas técnico-científicas.
Dividiuse en cinco Áreas Temáticas, vinte temas e cento sesenta apartados.

Á planta baixa accédese pola porta principal, fachada sur e atopámonos nun espazo coa placa conmemorativa da inauguración e outra coas institucións e empresas que a fixeron posible.
O percorrido comezámolo cun módulo que nos explica de forma sinxela o que é un barco. Pasamos a falar da Construción Naval onde se mostra a tipoloxía dos Estaleiros, elementos empregados nas bancadas de construción, con modelos e maquetas explicativos e de gran beleza.
Para entrar na "Madeira" atravesamos unha sección dunha fragata do século XVIII, vemos unha recreación da Fragata "Magdalena" cos restos do pecio, unhas seccións de navíos (español, inglés e francés). Móstranse ferramentas e utensilios históricos, unha sección longitudinal dunha embarcación de madeira e utensilios de calafateado.
No tacón norte-sur, trátase da sala de gálibos, do ferro e o aceiro, do remachado da soldadura e dos materiais compostos. Pásase por unha sala de proxeccións de películas propias á zona de "proxectos" con curiosidades e autómatas como o da "caixa de cuadernas" e "regra de cálculo". Volvemos á nave principal onde se nos mostra unha escultura de carenas de probas de canle, a "estática e dinámica" con lastre histórico, dous autómatas e unha película de información sobre o tema.
O seguinte discurso é sobre o "buque viga" con maquetas e un autómata, que deixan unha sala de proxeccións ?para películas propias máis curtas- á dereita. Seguindo o percorrido, móstranse os elementos propulsivos (remos, velas, rodas e hélices) e unha maqueta móbil dunha hélice.
Para tratar o vapor como fluído enerxético que movía os propulsores, o discurso apóiase en: unha caldeira, un control, un demostrador, un chisqueiro e maquetas. Na nave central esta a zona de descanso, con asentos, un tanque para embarcacións teledirigidas, unha báscula ancora e unha embarcación seccionada en forma de escultura.
Do vapor pásase ás máquinas alternativas e turbinas, os motores de combustión interna e á presentación dos auxiliares. Sáese da Exposición, actualmente, por unha recreación dun sollado dunha fragata do século XVIII, un aloxamento dun buque de guerra español do século XXI, unha mostra de utensilios de fundición e a recreación dunha fragua.
No exterior, no centro da praza de Poñente, atopámonos cunha "máquina alternativa" de tres expansións e dobre efecto.
Entre os edificios de Herrerías e Enxeñeiros montouse un pavillón de cristal de Grandes Máquinas, onde se presenta unha roda e dúas piñones dunha caixa engrenaxes (reductora), unha turbina de vapor de alta e cruceiro, unha turbina de baixa presión e de ciar e un motor de combustión interna procedente dun submarino.
|