Inauguración da Exposición de Construción Naval (EXPONAV).
Luns, 10 Marzo 2008
   
  Presidida polas súas Maxestades os Reyes e As súas Altezas Reais os Príncipes de Asturias.
   
 

Tras a botadura do Buque de Proxección Estratéxica "Juan Carlos I", os Reyes e os Príncipes dirixíronse ao edificio de Herrerías para presidir a inauguración de exposición de Construción Naval, EXPONAV.



A organización da mostra correu a cargo da Fundación para o Fomento da Construción Naval e das Actividades Marítimas, entidade constituída pola Armada, as Consellerías de Presidencia, de Cultura e de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña, o Concello de Ferrol, a Universidade da Coruña, Navantia, a Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de España, a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao e a Cámara de Comercio de Ferrol.



Á súa chegada, As súas Maxestades e As súas Altezas Reais foron recibidos polo xefe do Estado Maior da Armada e presidente do Padroado da Fundación EXPONAV, Sebastián Zaragoza Soto, e foron saudados polos patróns da Fundación.



Logo dunhas palabras de benvida, tivo lugar o descubrimento dunha placa conmemorativa. Seguidamente, os Reyes e os Príncipes comezaron o seu percorrido pola mostra, acompañados polo contraalmirante José Castro.



EXPONAV reúne gran cantidade de elementos relacionados coa construción de barcos, así como modelos de embarcacións e planos de deseño de buques antigos, procedentes dos fondos da Armada, do Museo Naval de Madrid, da empresa española Navantia e do Concello de Ferrol, entre outras institucións.



Logo de finalizar a súa visita á mostra, As súas Maxestades e As súas Altezas Reais trasladáronse á sede da exposición permanente de Navantia. Un encontro cos asistentes puxo o colofón ao acto, sendo os Reyes e os Príncipes despedidos polas mesmas persoas que lles recibiron á súa chegada.







Fonte:



http://www.casareal.es/noticias/news/20080310_Inauguracion_Exposicion_Construccion_Naval-ides-idweb.html